Consell de Cent

Saló de Cent, na Casa de la Ciutat de Barcelona.

O Consell de Cent (Consello de Cento) era unha institución de goberno durante o Antigo Réxime na cidade de Barcelona establecida no século XIII e que perdurou ata o século XVIII. O seu nome ten a súa orixe no número dos seus membros, que eran cen (cent en catalán).

A importancia do Consell de Cent vese en moitos exemplos, como que en 1464 proclamou conde de Barcelona a Pedro o Conestable de Portugal. Outro exemplo é a negativa do Consell de Cent a aceptar a concesión feita polo rei dun estudo xeral. Martiño o Humano, o 10 de xaneiro de 1401, outorgou o privilexio real da fundación do Estudo Xeral de Medicina e Artes, coas mesmas prerrogativas que o de Montpellier e que finalmente deu orixe á Universidade de Barcelona en 1450.

Dispoñía incluso de atribucións militares para a defensa da cidade, na forza da Coronela, que xogou un papel importante na resistencia contra os ataques borbónicos de 1713.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy